V ANIVERSARIO TELE-CLUBE

Concertos 27 e 29 de Abril con EQX (27 de Abril), Sunflowers (27 de Abril) e Castro (29 de Abril) (Horarios por confirmar).
A asociación cultural Tele-Clube de Lugo celebrará o seu quinto aniversario cun concerto no Clube Clavicembalo de Lugo o 27 de Abril e colaborando nas programacións de Lugo Cultural e da USC os días 27 e 29 de Abril.
As datas dos concertos, con horarios inda por confirmar, son: O Xoves 27 de Abril, dentro do ciclo «Ao Pe do Carballo» organizado por Lugo Cultural, EQX dende Escairón, electrónica experimental e atmósferas avant-pop cheas de matices. O mesmo Xoves 27 pola noite, no Clube Clavicémbalo, Sunflowers , dende Porto, Portugal, Power-Garage Rock. E o Sábado 29, na Casa do Saber, dentro da programación da USC, Diego Castro, Sarriao afincado en Madríd, presentará en acústico a sua nova proposta nas fronteiras do Indie-Pop.
Nestes cinco anos de vida, a asociación centrouse na programación e difusión da cultura en Lugo co apoio e colaboración de institucións (Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Área de Cultura USC, Uned Lugo, Lugo Cultural, Museo Provincial de Lugo) e entidades (La Ferretería Eventos & Co, Hotel Méndez Núñez, Ho Gruf, Club Clavicémbalo, Lectocosmos, Codex Cinema)